Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Luns, 24 de outubro de 2016 Páx. 47579

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 92/2016).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais número 92/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan José Vázquez Teo contra a empresa Estructuras Metálicas Gallegas, S.L., Esmega, S.L., sobre reclamación de cantidade, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Parte dispositiva:

Dispoño:

Despachar orde xeral de execución a favor da parte executante, Juan José Vázquez Teo, fronte a Estructuras Metálicas Gallegas, S.L., parte executada, por importe de 6.340,78 euros en concepto de salarios de tramitación, máis 634,07 euros calculados provisionalmente en concepto de costas e gastos de execución.

Este auto, xunto co decreto que ditará a letrada da Administración de xustiza, e copia da demanda executiva, serán notificados asemade á parte executada, tal e como dispón o artigo 553 da LAC. A executada queda apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución.

Contra este auto poderase interpor recurso de reposición ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación en que, ademais de alegar as posibles infraccións en que puidese incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos orzamentos e requisitos procesuais exixidos, se poderá deducir a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que acaecesen con posterioridade á súa constitución do título. A compensación de débedas non será admisible como causa de oposición á execución.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

O/a maxistrado/a xuíz/a. A letrada da Administración de xustiza.

Parte dispositiva:

Acordo, en cumprimento do requisito que se contén no artigo 276.3 e previo á estimación na presente execución da pervivencia da declaración de insolvencia da parte executada Estructuras Metálicas Gallegas, S.L., dar audiencia previa á parte demandante Juan José Vázquez Teo e ao Fondo de Garantía Salarial co fin de que, no prazo de quince días, poidan sinalar a existencia de novos bens. Do seu resultado acordarase o procedente.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da Lei de xurisdición social, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións intentadas neles sen efecto serán válidas ata que non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

A letrada da Administración de xustiza».

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a Estructuras Metálicas Gallegas, S.L., Esmega, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de setembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza