Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Luns, 24 de outubro de 2016 Páx. 47634

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2016, da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, pola que se anuncia a formalización do contrato da subministración sucesiva de material para a determinación de probas analíticas de sangue, así como o arrendamento sen opción a compra, incluído o mantemento dos equipamentos necesarios para a realización das ditas probas, con destino aos centros hospitalarios desta xerencia.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos. Rúa Doutor Ulises Romero, 1, 27003 Lugo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Número de expediente: MS-EIL1-15-018.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministracións.

b) Descrición: subministración sucesiva de material para a determinación de probas analíticas de sangue, así como o arrendamento sen opción a compra, incluído o mantemento dos equipamentos necesarios para a realización das ditas probas, con destino aos centros hospitalarios da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos.

c) Lotes (se é o caso): non.

d) CPV (referencia de nomenclatura): ver pregos.

e) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOUE, BOE, DOG, PCG e perfil do contratante.

f) Datas de publicación do anuncio de licitación: 3 de outubro de 2015 no DOUE, 6 de outubro de 2015 no BOE, na Plataforma de contratos de Galicia e no perfil do contratante do Servizo Galego de Saúde e o 13 de outubro de 2015 no DOG.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 699.600,00 euros.

5. Orzamento base de licitación. Importe neto: 333.300,00 euros. Importe total: 403.293,00 euros.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 13 de xullo de 2016.

b) Data de formalización do contrato: 17 de agosto de 2016.

c) Contratista: Distribuidora de Analítica para la Medicina Ibérica, S.A. (Diamed Ibérica, S.A.).

d) Importe ou canon de adxudicación. Importe neto: 263.925,08 euros. Importe total: 319.349,34 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: ver resolución e informe técnico no perfil do contratante.

Lugo, 19 de setembro de 2016

Ramón Ares Rico
Xerente de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos