Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Venres, 21 de outubro de 2016 Páx. 47475

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 26 de setembro de 2016, da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, pola que se anuncia a formalización do contrato das obras de reforma de locais e das instalacións térmicas actuais con instalación de sistema de produción de calor mediante combustible de biomasa no Centro de Saúde de Quiroga, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, rúa Doutor Ulises Romero, 1-2ª planta, 27003 Lugo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Número de expediente: AB-EIL1-16-019.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: obra.

b) Descrición: reforma de locais e das instalacións térmicas actuais con instalación de un conxunto modular de caldeiras de biomasa no Centro de Saúde de Quiroga, dependente da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos.

c) Lotes (se é o caso): non.

d) CPV (referencia de nomenclatura): ver pregos.

e) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia, PCG e perfil do contratante do Servizo Galego de Saúde.

f) Datas de publicación do anuncio de licitación: 15 de xuño de 2016 nos medios antes detallados.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 54.656,00 euros.

5. Orzamento base de licitación. Importe neto: 54.656,00 euros. Importe total: 66.133,76 euros.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 12 de agosto de 2016.

b) Data de formalización do contrato: 22 de agosto de 2016.

c) Contratista: Elecnor, S.A.

d) Importe ou canon de adxudicación. Importe neto: 39.944,44 euros. Importe total: 48.332,77 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: ver resolución no perfil do contratante.

Lugo, 26 de setembro de 2016

Ramón Ares Rico
Xerente de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos