Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Venres, 21 de outubro de 2016 Páx. 47379

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 11 de outubro de 2016 pola que se convocan para a elección de destino definitivo os/as aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as de minas, convocado pola Orde do 9 de maio de 2014.

En virtude da Orde do 9 de maio de 2014 (DOG núm. 99, do 26 de maio) convocouse o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as de minas.

O tribunal designado para cualificar o dito proceso acordou facer pública e elevar á Dirección Xeral da Función Pública a relación de aspirantes que o superaron na súa Resolución do 31 de maio de 2016 (DOG núm. 110, do 10 de xuño).

Co obxecto de que os/as aspirantes que superaron o dito proceso selectivo poidan ser nomeados/as funcionarios/as de carreira do corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as, especialidade de enxeñaría de minas, e segundo o disposto no Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público, no Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia e demais normativa concordante, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Convocar os/as aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as, especialidade de enxeñaría de minas, ao acto de elección de destino definitivo que terá lugar no salón de actos núm. 2 (pequeno) da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela) o día 4 de novembro de 2016 ás 10.00 horas.

Segundo. Os/as aspirantes convocados/as poderán elixir entre os postos que se relacionan no anexo desta orde segundo a orde acadada no proceso selectivo, sempre que reúnan as condicións exixidas nel.

Terceiro. Os/as aspirantes deberán ir provistos/as de DNI ou outro documento que acredite fidedignamente a súa identidade; no caso de non comparecer persoalmente, poderán ser representados/as por terceiras persoas con poder notarial suficiente.

Cuarto. Aos/ás aspirantes que non comparezan persoalmente ou por medio de representantes seranlles adxudicados en destino definitivo os postos que lles correspondan atendendo á orde de publicación destes e ao número obtido no proceso selectivo, unha vez concluído o proceso de adxudicación dos postos aos/ás aspirantes presentes ou representados/as, entre os cales quedaran sen adxudicar.

Quinto. Os/as aspirantes poderán solicitar ser declarados/as en excedencia voluntaria por prestación de servizos no sector público ou por interese particular reguladas, respectivamente, nos artigos 174 e 173.3.d) da Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia. Nestes supostos deberán presentarse ao chamamento cun certificado do/da responsable da súa unidade de persoal en que conste a condición con que prestan servizos na actualidade.

Sexto. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase presentar recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 11 de outubro de 2016

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda

ANEXO

Núm.

Código do posto

Cons.

Denominación

Subgrupo

Nivel

Centro directivo

Centro de destino

Concello

Titulación

1

INC050000115770006

IN

Enxeñeiro/a de funcións facultativas

A1

26

Dirección Xeral de Enerxía e Minas

S. X. de Enerxía

Santiago de Compostela

Enxeñaría de minas

2

INC050000215770004

IN

Enxeñeiro/a de funcións facultativas

A1

26

Dirección Xeral de Enerxía e Minas

S. X. de Recursos Minerais

Santiago de Compostela

Enxeñaría de minas

3

INC050000215770005

IN

Enxeñeiro/a de funcións facultativas

A1

26

Dirección Xeral de Enerxía e Minas

S. X. de Recursos Minerais

Santiago de Compostela

Enxeñaría de minas

4

INC991000027001020

IN

Enxeñeiro/a de funcións facultativas

A1

26

Servizos periféricos

Xefatura Territorial de Lugo

Lugo

Enxeñaría de minas

5

INC991000027001021

IN

Enxeñeiro/a de funcións facultativas

A1

26

Servizos periféricos

Xefatura Territorial de Lugo

Lugo

Enxeñaría de minas

6

INC991000032001035

IN

Enxeñeiro/a de funcións facultativas

A1

26

Servizos periféricos

Xefatura Territorial de Ourense

Ourense

Enxeñaría de minas

7

INC991000032001041

IN

Enxeñeiro/a de funcións facultativas

A1

26

Servizos periféricos

Xefatura Territorial de Ourense

Ourense

Enxeñaría de minas

8

INC991000036001040

IN

Enxeñeiro/a de funcións facultativas

A1

26

Servizos periféricos

Xefatura Territorial de Pontevedra

Pontevedra

Enxeñaría de minas

9

INC991000036001041

IN

Enxeñeiro/a de funcións facultativas

A1

26

Servizos periféricos

Xefatura Territorial de Pontevedra

Pontevedra

Enxeñaría de minas

10

INC991000036001042

IN

Enxeñeiro/a de funcións facultativas

A1

26

Servizos periféricos

Xefatura Territorial de Pontevedra

Pontevedra

Enxeñaría de minas