Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Venres, 21 de outubro de 2016 Páx. 47466

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 23 de agosto de 2016, da Área Provincial de Pontevedra, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido, e non sendo posible a súa práctica, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia dos requirimentos de emenda das solicitudes de inscrición no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia, tramitadas ao abeiro do disposto no Decreto 1/2010, do 8 de xaneiro, polo que se regula o dito rexistro.

A comparecencia para coñecer o contido íntegro das ditas notificacións deberá efectuarse ante a Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Pontevedra, sita na rúa Alcalde Hevia, núm. 7, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.

A eficacia desta notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 23 de agosto de 2016

María Martínez Allegue
Xefa da Área Provincial de Pontevedra

ANEXO

Credencial

Persoa interesada

DNI/NIE

75101

Victorino Carrera Martínez

*****062D

75256

Rachid Falhani El Baouabi

*****214W

75308

Glaucionete Rodrigues Rocha

*****097S

75325

Cecilia Rey Costa

*****044W

75237

Antía Carpintero Martínez

*****597R