Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Xoves, 20 de outubro de 2016 Páx. 47335

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 23 de setembro de 2016 pola que se anuncia o procedemento aberto para a contratación dun servizo para a execución e implementación dunha campaña de promoción dos viños galegos en Alemaña durante os anos 2016 e 2017.

En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase procedemento aberto para a contratación dun servizo para a execución e implementación dunha campaña de promoción dos viños galegos en Alemaña durante os anos 2016 e 2017.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), Complexo Administrativo de San Lázaro s/n, 15703 Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección de Servizos Xurídicos.

c) Número de expediente: PA 4/16.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: contratación dun servizo para a execución e implementación dunha campaña de promoción dos viños galegos en Alemaña durante os anos 2016 e 2017.

b) División por lotes e número: non procede.

c) Lugar de entrega: Igape, Santiago de Compostela.

d) Prazo de vixencia (meses): 24 meses.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento de adxudicación: procedemento aberto, suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento base de licitación: o valor estimado da contratación, que coincide co orzamento, ascende a 300.000 € (trescentos mil euros) máis o imposto sobre o valor engadido (IVE) de 63.000 € (sesenta e tres mil euros). Total: 363.000 € (trescentos sesenta e tres mil euros).

Aplicación orzamentaria:

O importe de 363.000 € (300.000 € máis 63.000 € de IVE) financiarase con cargo ás seguintes partidas, logo de existencia de crédito adecuado e suficiente.

Partidas

2016

2017

09.A1 741A 6407

181.500 €

181.500 €

5. Garantía provisional: non procede.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

b) Domicilio: Complexo Administrativo de San Lázaro.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

d) Teléfono: 981 54 16 93.

e) Telefax: 981 54 10 92.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite para a presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación, se é o caso (grupos, subgrupos e categoría): de acordo co artigo 46 do Real decreto 1098/2001, non se exixe clasificación do empresario pero os licitantes que dispoñan de clasificación vixente no grupo T, subgrupo 1, categoría 1 (correspondente á categoría A ou B do Real decreto 1098/2001) poderán acreditar a súa solvencia indistintamente mediante a presentación de certificado vixente correspondente á dita clasificación ou mediante os medios de acreditación da solvencia detallados nas cláusulas F e G da folla de especificacións.

b) Solvencia económico-financeira e técnica:

Criterios de solvencia económico-financeira: a licitante deberá acreditar un volume anual de negocios que, referido ao ano de maior volume de negocios dos últimos tres exercicios concluídos, deberá ser cando menos do 1,5 o valor anual medio do contrato (225.000 €).

Criterios de solvencia técnica: a licitante deberá contar cunha experiencia dun mínimo de tres campañas promocionais e/ou publicitarias, realizadas nos últimos 5 anos (2011-2016), de entre as cales, polo menos unha deberá ter sido realizada para o mercado alemán e sobre o sector agroalimentario. Deberá acreditar cando menos un importe anual executado durante o ano de maior execución no citado período, igual ou superior ao 70 % da anualidade media da contratación (105.000 €).

A licitante deberá poñer á disposición da execución do contrato un equipo técnico mínimo de tres persoas (un xefe de equipo e dous técnicos); cada una delas deberá ter unha experiencia profesional mínima nunha campaña promocional/publicitaria no mercado alemán e sobre o sector agroalimentario.

A solvencia acreditarase polos medios establecidos nas letras F e G da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o 16.11.2016.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado e selado, dentro do prazo sinalado, presentaranse en:

1º. Entidade: Rexistro Xeral do Instituto Galego de Promoción Económica.

2º. Domicilio: Complexo Administrativo de San Lázaro, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

Ou por correo, anunciándolle ao órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax, télex, telegrama ou correo electrónico, conforme o previsto no prego de cláusulas administrativas particulares, que debe ter entrada no Igape antes do termo do prazo de presentación de ofertas, e xustificando a data da imposición do envío na oficina de Correos.

d) Prazo mínimo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses desde a apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica.

b) Domicilio: Complexo Administrativo San Lázaro, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data de apertura dos sobres B (ofertas técnicas, parte avaliable sen aplicación de fórmulas): o 29.11.2016, ás 10.00 horas.

e) Data de apertura dos sobres C (ofertas técnicas, parte avaliable mediante fórmulas e ofertas económicas): o 14.12.2016, ás 10.00 horas.

10. Criterios de adxudicación.

Prezo global

40 %

Calidade derivada da experiencia do equipo de traballo que supere a mínima exixida para xustificar a solvencia técnica

15 %

Calidade da estratexia de promoción e do deseño da liña gráfica

15 %

Calidade do plan de eventos ofertado

15 %

Calidade do plan de comunicación on line e off line

15 %

11. Outras informacións.

12. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

13. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de las Comunidades Europeas (se é o caso): 28.9.2016.

14. De ser o caso, portal informático ou páxina web onde figuren as informacións relativas á convocatoria ou onde poidan obterse os pregos: www.igape.es/contratacions

Santiago de Compostela, 23 de setembro de 2016

Javier Aguilera Navarro
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica