Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Xoves, 20 de outubro de 2016 Páx. 47320

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 3 de outubro de 2016, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, polo que se notifica a resolución de perda do dereito ao cobramento da axuda no expediente de axudas para a implantación de servizos de asesoramento, xestión e substitución nas explotacións agrarias 115101500022012.

De conformidade cos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á entidade interesada, que se sinala no anexo deste anuncio, a resolución de perda do dereito ao cobramento da axuda no expediente de axudas para a implantación de servizos de asesoramento, xestión e substitución nas explotacións agrarias número 115101500022012.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas do Servizo de Explotacións e Asociacionismo Agrario, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Consellería do Medio Rural (Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, para o coñecemento íntegro da dita resolución e a constancia de tal coñecemento.

A resolución que se notifica esgota a vía administrativa. As persoas interesadas poderán interpoñer contra ela, potestativamente, recurso de reposición ante a conselleira do Medio Rural no prazo dun mes ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o órgano xurisdicional contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses. A eficacia do acto administrativo queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que os devanditos prazos para presentar os recursos se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE. Todo isto sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan exercer calquera outro recurso que coiden pertinente.

Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2016

Belén María do Campo Piñeiro
Directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

ANEXO

Procedemento: expediente número 115101500022012 de axudas para a implantación de servizos de asesoramento, xestión e substitución nas explotacións agrarias.

Interesada: Asociación Galega Serra do Bocelo.

Acto de notificación: resolución de perda do dereito ao cobramento da axuda.

Último enderezo coñecido: Outeiro, 1, Loxo, 15822 Touro, A Coruña.