De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles aos interesados relacionados no anexo o acto que se indica no expediente sancionador en materia de estradas (Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia), logo de que fose devolto polo servizo de Correos por resultar descoñecida a persoa/empresa destinataria ou porque, unha vez intentada, non se puido efectuar a notificación.
Segundo se establece no artigo 61 da citada lei, os ditos interesados disporán dun prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, para comparecer na sede do Servizo Provincial da Delegación Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas (r/ Fernández Ladreda, 43, 1º, edificio administrativo, 36003 Pontevedra), se desexan examinar o expediente e coñecer o contido íntegro deste acto, que contén tamén ofrecemento de prazo de alegacións ou de recursos. Transcorrido o dito prazo de dez días sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.
Pontevedra, 30 de setembro de 2016
Fausto Núñez Vilar
Xefe do Servizo da Delegación Provincial de Pontevedra
ANEXO
Expediente |
Interesado/a |
Acto notificado |
Precepto infrinxido |
Estrada |
151/15 |
Moreira y Garrido, S.L. |
Incoación de expediente |
61.3.f) |
PO-550, Cambados-A Lanzada |
077/16 |
Moisés Lago Nogueira |
Incoación de expediente |
61.2.a) |
PO-253, Prado-Pazos de Borbén |