Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Xoves, 20 de outubro de 2016 Páx. 47343

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 23 de agosto de 2016, da Área Provincial de Pontevedra, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido e ao non ser posible a súa práctica, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia da resolución de denegación da inscrición no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia, tramitada ao abeiro do disposto no Decreto 1/2010, do 8 de xaneiro, polo que se regula o dito rexistro.

A comparecencia para coñecer o contido íntegro da dita resolución deberá efectuarse ante a xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Pontevedra, sita na rúa Alcalde Hevia, núm. 7, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.

A eficacia desta notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Unha vez transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 23 de agosto de 2016

María Martínez Allegue
Xefa da Área Provincial de Pontevedra

ANEXO

Credencial: 75254.

Persoa interesada: Joselma de Sant Anna Santos.

NIE: *****892L.

Acto obxecto de notificación: resolución de denegación.