Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Mércores, 19 de outubro de 2016 Páx. 47181

III. Outras disposicións

Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde (ACIS)

RESOLUCIÓN do 30 de setembro de 2016 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2016.

En virtude do establecido no artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro),

DISPOÑO:

Dar publicidade da relación de convenios subscritos pola Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2016, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2016

Sonia Martínez Arca
Xerente da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde

ANEXO

Convenio

Importe económico

Data de sinatura

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e a Fundación Instituto Roche para a realización de actividades formativas no ámbito sanitario.

Sen aportación económica

12.5.2016

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde, a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e o Instituto de Saúde Carlos III, para o centro colaborador español do Instituto Joanna Briggs.

8.000,00 €

12.7.2016

Convenio de colaboración empresarial entre a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e Lilly, S.A. para a organización de actividades formativas no ámbito da Escola Galega de Saúde para Cidadáns.

6.006,00 €

29.8.2016