Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Mércores, 19 de outubro de 2016 Páx. 47235

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 23 de agosto de 2016, da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, para notificar acordos de inicio do procedemento de reintegro sobre controis posteriores previstos no artigo 56 do Regulamento (CE) 1198/2006, do 27 de xullo, do Consello, sobre operacións cofinanciadas co Fondo Europeo de Pesca (FEP), no marco da medida 2.3 do programa operativo para o sector pesqueiro español 2007-2013.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 258, do 27 de novembro), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícanselles ás persoas interesadas os actos administrativos que se sinalan no anexo.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que os prazos se computarán desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica da Consellería do Mar, situadas no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, de Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra a resolución do expediente de referencia, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante a conselleira do Mar no prazo dun mes, ou ben recurso contencioso-administrativo ante o órgano competente desta orde xurisdicional no prazo de dous meses, contados, en ambos os dous casos, a partir do día seguinte ao da publicación no BOE.

Santiago de Compostela, 23 de agosto de 2016

Juan Carlos Maneiro Cadillo
Director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica

ANEXO

Beneficiaria: Elaborados Freiremar Vigo, S.A.

NIF: A36641348.

Número de expediente SXPA: PE201B/2008/24-5.

Acto de notificación: Resolución do 26 de abril de 2016 pola que se acorda o incio do procedemento de reintegro no expediente de solicitude de axuda PE 201B/2008/24-5.

Último enderezo coñecido: avenida de Beiramar 83, 36208 Vigo, Pontevedra.

Beneficiario: Telesforo G. Miranda García.

NIF: 33199341Z.

Número de expediente: SXPA: PE201B/2009/32-1.

Acto de notificación: Resolución do 26 de abril de 2016 pola que se acorda o inicio do procedemento de reintegro no expediente de solicitude de axuda PE 201B/2009/32-1.

Último enderezo coñecido: O Freixo de Sabardes 30, 15288 Outes, A Coruña.