Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Martes, 18 de outubro de 2016 Páx. 47059

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 23 de setembro de 2016, da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de determinados postos vacantes de coordinador/a do Servizo de Atención Primaria, para cubrir por persoal diplomado sanitario.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de determinados postos vacantes de coordinador/a do Servizo de Atención Primaria, mediante Resolución do 2 de agosto de 2016 da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, publicada no DOG do 1 de setembro de 2016; á vista das solicitudes e méritos acreditados polas aspirantes aos postos, esta directora, en exercicio de competencia delegada no artigo 5 da Orde do 5 de xullo de 2012 sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, e en cumprimento do disposto no artigo 53 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde,

RESOLVO:

Nomear, para os postos que se indican, as persoas relacionadas no anexo da presente resolución.

As adxudicatarias deberán cesar na praza que desempeñen dentro dos tres días hábiles seguintes ao da publicación desta resolución.

A toma de posesión será dentro dos prazos previstos nas bases da convocatoria.

Contra esta resolución poderá interporse recurso de alzada ante a directora de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes desde a súa publicación, conforme o disposto na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro).

Ourense, 23 de setembro de 2016

Eloína Núñez Masid
Xerente de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

ANEXO

1. Posto: coordinadora do SAP A Carballeira, Ourense.

Nome e apelidos: Purificación Lourdes Casal Sánchez.

DNI: *****733V.

2. Posto: coordinadora do SAP de Xinzo de Limia.

Nome e apelidos: María José Feijoo Janeiro.

DNI: *****862E.