Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Luns, 17 de outubro de 2016 Páx. 46917

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 5 de outubro de 2016 pola que se procede á publicación dos requirimentos de emenda das axudas a proxectos de formación Industria 4.0, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020.

Mediante Resolución do 26 de xullo de 2016 (DOG núm. 156, do 19 de agosto) publicáronse as bases reguladoras das axudas do Igape a proxectos de formación Industria 4.0, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020 e procedeuse á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva.

Por parte do órgano instrutor do procedemento administrativo previsto no artigo 10 das ditas bases reguladoras, están analizándose as solicitudes presentadas polos solicitantes que se acolleron á presente convocatoria de axudas.

Nunha primeira fase de revisión identificáronse varios expedientes que non reúnen algún dos requisitos exixidos nas bases reguladoras, polo que resulta procedente efectuar os oportunos requirimentos de emenda.

O artigo 10.2 das bases reguladoras dispón que, de conformidade co establecido nos artigos 59.6.b) e 60 da Lei 30/1992, este requirimento de emenda se realizará preferentemente mediante publicación no Diario Oficial de Galicia e producirá os mesmos efectos que a notificación individualizada. A dita publicación tamén se realizará na páxina web do Igape no enderezo www.tramita.igape.es, onde se establecerá o contido detallado do requirimento que se fai.

En virtude do anterior,

RESOLVO:

Primeiro. Dar publicidade á relación de solicitantes de axuda xa revisadas que deben ser obxecto de emenda segundo se recolle no anexo a esta resolución.

Segundo. Requirir os solicitantes incluídos no dito anexo para que, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, emenden a falta ou presenten os documentos preceptivos conforme se lles indique na información detallada do requirimento dispoñible no enderezo www.tramita.igape.es, ao que accederán a través da aplicación informática habilitada para estas axudas co NIF e código IDE, desde a páxina web do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), na oficina virtual.

Terceiro. De acordo co disposto no artigo 10.2 das bases reguladoras, no suposto de que non se atenda o requirimento no prazo indicado, ou se a emenda resulta incompleta ou defectuosa, teráselle por desistido na súa petición ao solicitante e arquivarase o expediente, logo da correspondente resolución.

Santiago de Compostela, 5 de outubro de 2016

Javier Aguilera Navarro
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

ANEXO
Solicitudes de axuda suxeitas a emenda de documentación

Núm. expediente

Titular do expediente

NIF

IG229.2016.1.21

Confederación Empresarial de Lugo

G27019793

IG229.2016.1.22

Comme

G28591386

IG229.2016.1.24

Asociación Empresarial de Academias Privadas de Enseñanza de Lugo

G27126085

IG229.2016.1.47

Colegio Oficial de Ingenieros Técnicos Agrícolas de Lugo

Q2771002I

IG229.2016.1.48

Fundación Centro de Innovación Aeroespacial de Galicia

G27825439