Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Venres, 14 de outubro de 2016 Páx. 46798

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (1175/2013).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1175/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Emilio Gilda García contra A.P.O. Infraestructuras, S.L.; Adm. Concursal A.P.O Infraestructuras, S.L. e o Fogasa, sobre ordinario, se ditou Resolución do 7.6.2016 contra a cal se pode interpoñer recurso de suplicación no prazo de cinco días, facéndolles saber que no devandito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro da resolución.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a A.P.O Infraestructuras, S.L, en paradoiro ignorado, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 16 de agosto de 2016

A letrada da Administración de xustiza