De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á entidade Inprocar de Carril, S.L. (B36341410) a Resolución do 31 de agosto de 2016, da Consellería do Mar, pola que se extingue a concesión temporal de carácter experimental que lle fora outorgada por Resolución do 2 de outubro de 2006.
A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar os recursos se computará desde esa publicación.
Para coñecer o contido integro da resolución que se notifica, a entidade interesada poderá comparecer nas dependencias da Consellería do Mar, Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, situadas no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, de Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Contra a resolución citada, que esgota a vía administrativa, a entidade interesada poderá interpoñer recurso potestativo de reposición perante a conselleira do Mar, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderá impugnala directamente perante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2016
A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 30.3.2012)
Juan Carlos Maneiro Cadillo
Director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica