En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:
1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Secretaría Xeral para o Deporte.
b) Dependencia que tramitou o expediente: Subdirección Xeral de Xestión Deportiva.
c) Enderezo da internet do perfil do contratante:
http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=55656
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo: contrato administrativo de servizos.
b) Descrición do obxecto: contrato privado de seguro (póliza) para a prestación da asistencia sanitaria e as indemnizacións por perdas anatómicas ou funcionais producidas en caso de accidente deportivo, con ocasión da participación no programa Xogade de actividade deportiva en idade escolar e no deporte federado en idade escolar (6 a 16 anos) na anualidade 2016-2017.
c) CPV (referencia de nomenclatura): 66512100 (servizos de seguros de accidentes).
d) Medios de publicación e datas dos anuncios de licitación: DOUE do 13 de agosto; BOE núm. 202, do 22 de agosto, y DOG núm. 165, do 1 de setembro de 2016.
e) División por lotes e número: non.
3. Tramitación e procedemento:
a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.
b) Procedemento: aberto, suxeito a regulación harmonizada e criterio do prezo.
4. Orzamento de licitación:
a) Importe total: 1.300.000 € (exento de IVE). A distribución por anualidades especifícase no prego de cláusulas administrativas particulares.
b) Valor estimado do contrato: 2.600.000 euros (incluídas as posibles prórrogas).
5. Adxudicación e formalización dos contratos:
a) Data da resolución de deserto: 21 de setembro de 2016.
b) Adxudicataria: non existe.
Santiago de Compostela, 29 de setembro de 2016
José Ramón Lete Lasa
Secretario xeral para o Deporte