De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, procédese a dar publicidade á parte substantiva dos acordos adoptados pola Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en Lugo:
«Primeiro. Iniciar o procedemento de reintegro das bolsas concedidas, identificadas no anexo desta resolución.
Segundo. Pór á disposición dos interesados os expedientes para que, consonte o previsto no artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de dez días, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado, aleguen e presenten os documentos e xustificacións que coiden pertinentes ante a Sección de Bolsas da Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, situada na rolda da Muralla 70, 27071 Lugo.
Transcorrido este prazo, a Dirección Xeral de Atención, Participación e Empregabilidade de Estudantes Universitarios do Ministerio de Educación, de ser o caso, ditaría resolución que determine tanto a procedencia do reintegro, como a liquidación dos xuros de demora correspondentes desde o momento do pagamento da bolsa.
Con todo, no suposto de que os interesados estean conformes coa obriga do reintegro, poderán facer efectivo o reintegro en calquera banco ou caixa de aforros, facendo uso dos documentos habilitados para o efecto, dándose así por concluído o expediente».
Lugo, 5 de setembro de 2016
María del Carmen Gueimunde González
Xefa territorial de Lugo
ANEXO
Interesado: Fernández Bauza, Marco. Lugo (Lugo).
NIF: 34304393P.
Importe: 750,00 €.
Curso: 2014/15.
Causa: 7.28.
Interesado: Ferreiro Sánchez, David. Lugo (Lugo).
NIF: 34286367Z.
Importe: 490,00 €.
Curso: 2014/2015.
Causa: 7.27.
Interesado: Folgueira Buide, Juan Diego. Lugo (Lugo).
NIF: 34302885H.
Importe: 913,00 €.
Curso: 2014/15.
Causa: 7.26.
Interesado: Guedella López, Pablo Domingo. Monforte de Lemos (Lugo).
NIF: 34298522W.
Importe: 913,00 €.
Curso: 2014/15.
Causa: 7.5.
Interesada: Ramírez Montoya, Elvira. Viveiro (Lugo).
NIF: 71141349A.
Importe: 113,00 €.
Curso: 2014/15.
Causa: 7.26.
Interesado: Valle Barrera, Juan José. Burela (Lugo).
NIF: 35592766J.
Importe: 500,00 €.
Curso: 2014/15.
Causa: 7.5.