De conformidade cos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido e ao non ser posible a súa práctica, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia dun requirimento de documentación, en relación co procedemento de segundas adxudicacións de vivendas en Fontao, no concello de Vila de Cruces (Pontevedra).
O acto adoptouno a xefatura da Área Provincial de Pontevedra.
A comparecencia para coñecer o contido íntegro do requirimento deberá efectuarse ante a xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Pontevedra, sita na rúa Alcalde Hevia, nº 7, 4ª planta, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.
A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Pontevedra, 16 de setembro de 2016
María Martínez Allegue
Xefa da Área Provincial de Pontevedra
ANEXO
Expediente: procedemento de segundas adxudicacións de vivendas sitas en Fontao, no concello de Vila de Cruces.
Persoa interesada: Jonathan Rodríguez Álvarez.
DNI: 164S.
Acto obxecto de notificación: requirimento de documentación.