Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Xoves, 13 de outubro de 2016 Páx. 46717

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 7 de setembro de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa e autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Cangas (expediente IN407A 2016/143-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e autorización administrativa de construción para a instalación eléctrica que a continuación se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo 204, 36207 Vigo.

Denominación: LMTA, LMTS CII804 e substitución CT Hío.

Situación: Cangas.

Características técnicas: LMT aérea a 20 kV con condutor LA-56 de 34 metros de lonxitude, con orixe no apoio existente nº 34 da LMTA CII804 e final no apoio proxectado nº 35, paso aéreo subterraneo (PAS).

LMT subterránea a 20 kV con condutor RHZ de 953 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado 35 PAS, da CII804 e final no apoio proxectado nº 40 PAS, da CII804, unha vez entre e saia do centro de transformación proxectado Hío e do centro de transformación Chamiceiras.

Centro de transformación de 400 kVA, RT 20 kV/400-230 V, situado en Hío, na mesma localización do centro de transformación Hío que se desmonta.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica e na Resolución da Consellería de Economía e Industria do 19 de febreiro de 2014, pola que aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, DOG nº 54, do 19 de marzo de 2014, esta xefatura territorial, resolve:

Conceder autorización administrativa e autorización administrativa de construción para a devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 131 do Real decreto 1955/2000, será de 12 meses a partir da recepción da presente resolución. Para efectos da posible solicitude de prórroga, o peticionario deberá ter en conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente no seu dereito.

Pontevedra, 7 de setembro de 2016

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra