Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Xoves, 13 de outubro de 2016 Páx. 46709

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 5 de setembro de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica nos concellos de Láncara e O Páramo (expediente IN407A 2015/59-2 8253 AT).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe:

Solicitante: Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (ADIF).

Domicilio social: Sor Ángela de la Cruz, 3, 28020 Madrid.

Denominación: LMTS e CT 160 kVA para alimentación de túneles II e III do proxecto nova liña de alta velocidade Ourense-Monforte-Lugo, variante A Pobra de San Xiao, plataforma e vía.

Situación: concellos de Láncara e O Páramo.

Características técnicas:

1. LMT aérea a 20 kV con orixe no apoio 89-9 da LMT SAR806 (apoio nº 1 do proxecto) e final nun paso aéreo a soterrado situado no apoio de celosía nº 3 tipo 14/2000, cunha lonxitude de 107 metros en condutor LA-56.

2. LMT soterrada a 20 kV en canalización proxectada de 440 metros e unida ao lateral do viaduto de 160 metros, con orixe no paso aéreo a soterrado situado no apoio nº 3 e final no CT proxectado, cunha lonxitude total de 600 metros en condutor tipo RHZ1 2OL 12/20 kV 3 (1×95 m2).

3. CT en edificio prefabricado de formigón tipo PFU-4, no cal se instala unha cela de remonte, unha cela de liña e unha cela de medida, cunha potencia proxectada de 160 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54 do 19 de marzo), esta xefatura territorial, de acordo coas competencias que resultan dos decretos 129/2015, do 8 de outubro (DOG núm. 194, do 9 de outubro) e 175/2015, do 3 de decembro (DOG núm. 232, do 4 de decembro) polos que se crea e establece a estrutura orgánica da consellería, e tendo en conta o Decreto 36/2001, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción das ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial e outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se xulgue pertinente.

Lugo, 5 de setembro de 2016

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo