Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Xoves, 13 de outubro de 2016 Páx. 46740

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 21 de setembro de 2016, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a licitación para a contratación, subministración e instalación de equipamento de comunicacións Fiber Channel (expediente AB-SER1-16-044).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 2ª planta.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

4º. Teléfono: 881 54 27 87.

5º. Telefax: 881 54 27 62.

6º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

7º. Data límite de obtención de documentación e información: antes das 14.00 horas do día 21.10.2016.

d) Número de expediente: AB-SER1-16-044.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: contratación, subministración e instalación de equipamento de comunicacións Fiber Channel para o Servizo Galego de Saúde. Cofinanciado nun 80 % con fondos Feder Galicia 2014-2020, obxectivo temático 02; prioridade de investimento 2.3; obxectivo especifico 2.3.1.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Prazo de execución/entrega: o prazo máximo de execución será de seis meses desde a súa formalización.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 32500000-8, 32524000-2 e 32429000-6.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, se é o caso:

Concepto

Puntuación máxima

Criterios avaliables de forma automática (sobre B)

Prezo

70 puntos

Extensión de garantía

30 puntos

4. Valor estimado do contrato: 670.000 euros.

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 670.000 euros. Importe total: 810.700 euros.

6. Garantías exixidas.

Provisional: non. Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o imposto sobre o valor engadido.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, se é o caso: ver cláusula 5.3.1.e) e f) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 31.10.2016.

Se o último día de presentación de solicitudes coincidir en sábado ou día inhábil, na localidade establecida na cláusula 5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

c) Admisión de variantes, se procede: non.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: un (1) mes contado desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

c) Data e hora: a apertura do sobre B terá lugar na sala 2-1 do Edificio Administrativo San Lázaro, as 9.00 horas do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao de finalización da presentación das ofertas. No caso de que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.

10. Gastos de publicidade: si, por conta do/dos adxudicatario/s.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 21.9.2016.

12. Outras informacións: cofinanciado nun 80 % con fondos Feder Galicia 2014-2020, obxectivo temático 02; prioridade de investimento 2.3; obxectivo específico 2.3.1.

Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2016

Lourdes Vilachán Angueira
Directora xeral de Recursos Económicos