Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Martes, 11 de outubro de 2016 Páx. 46526

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 28 de setembro de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2016.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único.

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería do Mar nos meses de maio, xuño, xullo e agosto de 2016, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 28 de setembro de 2016

María Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar

ANEXO
Convenios de colaboración subscritos pola Consellería do Mar nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2016

Descrición

Importe

Data

Acordo de colaboración entre a Vicepresidencia e a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Consellería do Mar para reforzar o persoal de gardacostas na loita contra o furtivismo na Comunidade Autónoma

60.000,00 €

10.5.2016

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Federación Provincial de Confrarías de Pescadores da Coruña

26.000,00 €

1.7.2016

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Pontevedra

23.000,00 €

1.7.2016

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Lugo

23.000,00 €

14.7.2016

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Fundación Empresa-Universidade Galega (Feuga) para o deseño e redacción da proposta dunha guía para a realización de plans de vixilancia ambiental das granxas mariñas terrestres

49.193,76 €

14.7.2016

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Federación Galega de Confrarías de Pescadores

45.000,00 €

14.7.2016

Protocolo de colaboración entre a Consellería do Mar da Xunta de Galicia e a Fundación Philippe Cousteau «Unión de los océanos»

Sen contido económico

20.7.2016

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización da acción de investigación «Indución da fixación e metamorfose en ameixa fina, babosa e xaponesa»

24.000,00 €

28.7.2016

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar da Xunta de Galicia e a Asociación Española de maioristas, importadores, exportadores e transformadores de productos da pesca e acuicultura (Conxemar)

108.900,00 €

5.8.2016

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar da Xunta de Galicia e o Consello Regulador do Mexillón de Galicia

31.815,00 €

20.8.2016