Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Martes, 11 de outubro de 2016 Páx. 46572

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (44/2015).

Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela (A Coruña), fai saber que na execución seguida neste xulgado co número 44/2015, por instancia de Benjamín Collantes Vieiro contra a executada Leticia González Villar, sobre reclamación de cantidade, ditouse o día 7 de xuño de 2016 decreto de insolvencia no sentido de declarar a executada Leticia González Villar, con DNI 45846016, en situación de insolvencia total por importe de 4.300 euros de principal, máis 430 euros que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional. De conformidade co artigo 276.5 da Lei de procedemento laboral, expido este edicto para a súa inserción no boletín ao seu cargo.

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza