Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Luns, 10 de outubro de 2016 Páx. 46424

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 3 de outubro de 2016 pola que se modifica a distribución dos servizos ofertados na Resolución do 19 de xullo de 2016 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas aos servizos de análise do potencial competitivo, profesionalización e desenvolvemento estratéxico (programa Re-Acciona), cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

No Diario Oficial de Galicia número 146, do 3 de agosto de 2016, publicouse a Resolución do 19 de xullo pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas aos servizos de análise do potencial competitivo, profesionalización e desenvolvemento estratéxico (programa Re-Acciona), cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva.

No ordinal cuarto do resolvo aparece unha distribución de servizos ofertados en cada convocatoria, co fin de definir os termos da concorrencia competitiva establecida para cada unha das convocatorias do programa. A primeira convocatoria (2016-1) do programa Re-Acciona acadou unha maior demanda do previsto en determinados servizos, mentres que noutros houbo servizos excedentes. Co fin de asegurar a correcta execución do programa, cómpre reasignar os servizos excedentes a convocatorias posteriores, así como adiantar a convocatoria doutros con máis demanda.

A modificación da convocatoria de servizos non supón un maior gasto, dado que a suma dos servizos consumidos na primeira convocatoria máis a distribución que se propón nesta modificación dá un total de servizos idéntico ao inicialmente convocado.

En virtude destes antecedentes, e de conformidade coas facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Artigo 1. Modificar a distribución de servizos para as próximas convocatorias 2016-2, 2016-3 e 2017-1, prevista no ordinal cuarto do Resolvo da Resolución do 19 de xullo de 2016 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas aos servizos de análise do potencial competitivo, profesionalización e desenvolvemento estratéxico (programa Re-Acciona), cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020, que quedaría configurada do seguinte xeito:

Servizo

2016-2

2016-3

2017-1

Análise do potencial competitivo e primeiras accións de mellora (A Coruña)

11

11

6

Análise do potencial competitivo e primeiras accións de mellora (Pontevedra)

17

10

6

Análise do potencial competitivo e primeiras accións de mellora (Lugo-Ourense)

11

4

2

Mellora xestión financeira e procura de financiamento

23

0

0

Optimización da produción e cadea loxística

20

11

6

Asesoramento para o relanzamento comercial

25

0

0

Implementación de xestión por procesos

18

3

2

Mellora da imaxe e comunicación empresarial

12

0

0

Construción dun proxecto de futuro e plan de mellora empresarial

9

10

5

Asesoramento no desenvolvemento de plans de acción

9

8

5

Elaboración de plans e protocolos de empresa familiar

9

3

2

Identificación de redes de cooperación e socios

5

4

3

Asesoramento para a redefinición de negocio

6

6

0

Artigo 2. Esta resolución entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2016

Javier Aguilera Navarro
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica