Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Luns, 10 de outubro de 2016 Páx. 46505

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Cidade da Cultura de Galicia

ANUNCIO polo que se fai pública a relación de convenios subscritos no segundo cuadrimestre de 2016.

De conformidade co disposto no artigo 15 da Lei 1/2016, de 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, faise pública a relación de convenios subscritos no segundo cuadrimestre de 2016 por esta fundación.

Data da sinatura

Importe con cargo ao orzamento da fundación

Convenio

24.5.2016

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Fundación Cidade da Cultura de Galicia para levar a cabo a mellora e a instalación do equipamento de detección e extinción de incendios no espazo anexo á sala principal de equipos (fase II) do Centro de Procesos de Datos Integral da Xunta de Galicia

19.5.2016

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Fundación Cidade da Cultura de Galicia e a Fundación Paideia Galiza para a realización de actividades conxuntas de promoción de espazos co-working

24.5.2016

0,00 €

Convenio de colaboración entre Información e Comunicación Local, S.A. e a Fundación Cidade da Cultura de Galicia para a cesión temporal de espazos e facilidades para a celebración do evento Womex 2016 the World Music Expo

3.6.2016

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Fundación Cidade da Cultura de Galicia e a Fundación Banco Sabadell con motivo da exposición temporal Rostros do País

10.6.2016

0,00 €

Convenio de colaboración empresarial en actividades de interese xeral entre Gas Natural SDG, S.A. e a Fundación Cidade da Cultura de Galicia con motivo da exposición temporal Rostros do País

21.6.2016

0,00 €

Convenio de colaboración empresarial entre Abanca Corporación Bancaria, S.A. e a Fundación Cidade da Cultura de Galicia con motivo da IV convocatoria dos premios Emprende Cultura Gaiás-Sixto Seco 2016

22.6.2016

0,00 €

Convenio de colaboración empresarial entre a Fundación Galicia Obra Social e a Fundación Cidade da Cultura de Galicia con motivo da IV convocatoria dos premios Sixto Seco

31.8.2016

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Fundación Cidade da Cultura de Galicia e a Fundación Rosalía de Castro relativo ao préstamo en comodato de obra téxtil

Santiago de Compostela, 31 de agosto de 2016

Beatriz González Loroño
Directora xerente da Fundación Cidade da Cultura de Galicia