Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Luns, 10 de outubro de 2016 Páx. 46457

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 9 de setembro de 2016, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se fai publica a declaración de impacto ambiental sobre o proxecto de ampliación dunha explotación avícola de ceba, sita no lugar de Outeiro de Bornedo, no concello de Calvos de Randín (clave 2016/0063).

De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 41, punto 3, faise pública a declaración de impacto ambiental do 8 de setembro de 2016 relativa ao proxecto de ampliación dunha explotación avícola de ceba, sita no lugar de Outeiro de Bornedo, no concello de Calvos de Randín (Ourense), promovido por Pablo Vázquez Dapoza.

Esta declaración pódese consultar na seguinte ligazón http://www.cmati.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 9 de setembro de 2016

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental