Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Venres, 7 de outubro de 2016 Páx. 46182

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

CÉDULA do 16 de setembro de 2016, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se fai pública unha notificación dunha resolución dun expediente tramitado por esta entidade (expediente 2008/500-36).

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle a través do Boletín Oficial del Estado, a persoa que a continuación se indica a resolución do expediente administrativo instruído de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil, por non ser posible a dita notificación no último domicilio que consta no expediente que figura nesta xefatura territorial.

A persoa interesada poderá interpoñer recurso ante o Xulgado de Primeira Instancia de Pontevedra que por quenda corresponda, no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da publicación da presente cédula no Boletín Oficial del Estado, sen necesidade de reclamación administrativa previa de conformidade co disposto no artigo 780 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

O correspondente expediente consta no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, da Xefatura Territorial de Vigo da Consellería de Política Social, na rúa Concepción Arenal, nº 8, 1º andar, 36201 Vigo, onde a persoa interesada poderá comparecer no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da publicación da presente cédula no Boletín Oficial del Estado, para o coñecemento do contido íntegro da resolución, de luns a venres laborais, das 9.00 ás 14.00 horas.

Nº de expediente: 2008/500-36.

Interesada: Yolanda Barciela Casares.

Enderezo: rúa Arriba, nº 6, Vigo, Pontevedra.

Asunto: notificación dunha resolución administrativa de data 15 de setembro de 2016.

Vigo, 16 de setembro de 2016

Marta Iglesias Bueno
Xefa territorial de Vigo