Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Venres, 7 de outubro de 2016 Páx. 46162

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 12 de setembro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Ribeira (expediente IN407A 2015/214-1).

Expte.: IN407A 2015/214-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: modificado do proxecto para LMTS na rúa Castelao.

Concello: Ribeira.

Características técnicas:

Liña de media tensión subterránea, a 20 kV, cunha lonxitude de 0,100 km, con orixe no CT Mercado Novo (15CY99) e final na LMTS a CS Bombeiro Cerqueiras (15CLCV) (expediente 39/16) en que se substitúe o condutor actual RHV-95 por outro de maior sección RHZ1-12/20 kV 1×240 mm2 Al.

Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 12 de setembro de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña