Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Venres, 7 de outubro de 2016 Páx. 46133

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

RESOLUCIÓN do 26 de setembro de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto, para a contratación do servizo para a planificación do sistema de transporte público de viaxeiros integrado coa prestación do transporte baixo demanda na zona da Coruña oeste da Comunidade Autónoma cofinanciada nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Infraestruturas e Vivenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación e Apoio Administrativo.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo de San Caetano, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

4º. Teléfono: 881 99 51 74.

5º. Telefax: 981 54 43 66.

6º. Correo electrónico: contratacion.civ@xunta.gal

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N= 66638

8º. Data límite de obtención de documentación e información: ata as 19.00 horas do último día de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: 14/2016M.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: planificación do sistema de transporte público de viaxeiros integrado coa prestación do transporte baixo demanda na zona da Coruña oeste da Comunidade Autónoma.

c) Prazo de execución: once (11) meses de acordo co establecido na epígrafe F do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Admisión de prórroga: si.

e) CPV (referencia de nomenclatura): 71311200-3.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: os especificados no número 3.6.1 do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: 114.550 €.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 114.550 €. Importe total: 145.000 €.

b) Garantías exixidas:

Definitiva: 5 % do orzamento de adxudicación, excluído o IVE.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a especificada no número 3.3 do prego de cláusulas administrativas particulares e na epígrafe J do seu cadro de características.

7. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: 15 días naturais contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Se o último día de presentación coincide en día inhábil, o prazo de presentación rematará o primeiro día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: a sinalada no número 3.4. do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Xunta de Galicia.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo de San Caetano, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Admisión de variantes: non.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados dende a data de apertura de proposicións. O devandito prazo ampliarase en quince días hábiles cando sexa necesario seguir os trámites a que se refire o artigo 152.3 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

8. Apertura de ofertas:

a) Descrición: apertura pública.

b) Enderezo: Edificio Administrativo de San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Data e hora: publicaranse no perfil do contratante a data e hora da apertura dos sobres B e C.

9. Subcontratación: de acordo co establecido no número 6.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Gastos de publicidade: o importe dos gastos de publicidade será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2016

Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería de Infraestruturas e Vivenda