Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Xoves, 6 de outubro de 2016 Páx. 46047

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ORDE do 15 de setembro de 2016 pola que se autoriza a transmisión mortis causa do 50 % e sucesivamente polo pacto sucesorio o outro 50 % da concesión administrativa e da batea Pose I.

Visto o expediente instruído para efectos de transmisión da batea Pose I e da concesión administrativa que o ampara, resulta:

a) Antecedentes.

Primeiro. O día 31 de xaneiro de 2016 faleceu José Luis Pose Torrado, que era cotitular da concesión administrativa e da batea Pose I, situada no distrito de Caramiñal, no polígono H, na cuadrícula nº 131, en réxime de gananciais con María Teresa Romero Fernández.

Segundo. Mediante escrito do 6 de xuño de 2016, María Teresa Romero Fernández no nome e representación da unidade familiar de José Luis Pose Torrado, solicita autorización para a transmisión mortis causa do 50 % e sucesivamente polo pacto de mellora co seu descendente o outro 50 %, da concesión administrativa e da batea Pose I.

Terceiro. A solicitante presentou a documentación requirida para a tramitación neste tipo de procedementos.

b) Consideracións legais e técnicas.

Primeiro. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro, coa Resolución do 12 de abril de 2012, de delegación de sinatura en materia de acuicultura nos titulares das xefaturas de coordinación da Área do Mar da Consellería do Medio Rural e do Mar e coa disposición adicional sexta do Decreto 129/2015, do 8 de outubro, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia, que dispón que as delegacións de competencias outorgadas polos distintos órganos superiores e de dirección afectados por este decreto continuarán vixentes ata que sexan expresamente revogados ou novamente outorgadas. Así mesmo, o Decreto 168/2015, do 13 de novembro, polo que se aproba a estrutura orgánica da Consellería do Mar, dispón a creación das xefaturas territoriais.

Segundo. A Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia, nos seus artigos 209 e seguintes, regula os pactos sucesorios como negocios mortis causa, e con forma de pactos de apartación ou de pacto de mellora.

Terceiro. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, pola que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servizo de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión mortis causa do 50 % e polo pacto sucesorio do outro 50 %, a favor de José Agustín Pose Romero (33253426A), da concesión administrativa e da batea que se indica a continuación:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Pose I.

Localización:

Cuadrícula nº: 131.

Polígono: H.

Distrito: Caramiñal (A Coruña).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis)

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 14.1.1980.

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Antigos titulares: José Luis Pose Torrado e María Teresa Romero Fernández (10736944S- 35395337Q) 100 % gananciais.

Novo titular: José Agustín Pose Romero (33253426A) 100 % privativa.

O novo titular da concesión administrativa queda subrogado nos dereitos e obrigas dos anteriores.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Coruña, 15 de setembro de 2016

A conselleira do Mar
P.D. (Resolución do 12.4.2012)
Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña