Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Xoves, 6 de outubro de 2016 Páx. 46002

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ACORDO do 15 de setembro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica de recuamento LMT CDR-803 derivada ao CT San Martiño, no concello de Valdoviño (expediente IN407A 2015/543-1).

Outorgada a declaración de utilidade pública que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada recuamento LMT CDR-803 derivada a CT San Martiño, no concello de Valdoviño (expediente IN407A 2015/543-1), por resolución desta xefatura territorial, do 16 de xuño de 2016, a favor da entidade beneficiaria Unión Fenosa Distribución, S.A., con enderezo na avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Esta xefatura territorial acorda sinalar o día 25 de outubro de 2016 (martes) para o levantamento das actas previas á ocupación, de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 56 do seu regulamento, do 26 de abril de 1957, nas cales se describirán os bens ou dereitos expropiables e de imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica, contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución no taboleiro de edictos do Concello de Valdoviño, deducida da que se someteu a información pública no DOG, no BOP e no xornal La Voz de Galicia, de datas 24 de decembro de 2015, 11 de decembro de 2015 e 21 de xaneiro de 2016, respectivamente, acto ao cal deberán concorrer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios propostos como afectados, ás cales se lles practicará notificación individual onde se lles sinalarán os horarios de toma de datos sobre o terreo e do levantamento efectivo das actas nas oficinas da casa consistorial do dito concello.

Cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios afectados sexan descoñecidas ou se ignore o lugar de notificación, dirixiranse ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destas, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa. Neste caso, igualmente, publicarase un anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 15 de setembro de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña