Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Xoves, 6 de outubro de 2016 Páx. 45999

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 13 de setembro de 2016, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto de ampliación dunha explotación porcina de ceba no lugar de Laxas, concello de Rodeiro (expediente 2016/0078).

De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 41, número 3, faise pública a declaración de impacto ambiental do 9 de setembro de 2016 relativa ao proxecto de ampliación dunha explotación porcina de ceba sita no lugar de Laxas, no concello de Rodeiro (Pontevedra) promovido por Agroxaqui, S.L.

Esta declaración pódese consultar na ligazón:

http://www.cmati.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 13 de setembro de 2016

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental