Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Mércores, 5 de outubro de 2016 Páx. 45894

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 23 de setembro de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto suxeito a regulación harmonizada, para a contratación do servizo de organización, control e tratamento da información xerada polos informes preliminares de solos e informes de situación de solos e asistencia técnica no proceso de xestión das localizacións potencialmente contaminadas.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Subdirección Xeral de Contratación e do Patrimonio.

2º. Domicilio: San Lázaro, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

4º. Teléfono: 881 99 53 85.

5º. Telefax: 881 99 93 26.

6º. Correo electrónico: tramitacion-contractual.cmot@xunta.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=67258

8º. Data límite de obtención de documentación e información: ata as 14.00 horas do último día de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: 37/2016 CA.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo de organización, control e tratamento da información xerada polos informes preliminares de solos e informes de situación de solos e asistencia técnica no proceso de xestión das localizacións potencialmente contaminadas.

c) Lugar de execución: punto 5.3 do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Prazo de entrega: punto 5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares e punto 8.1 do seu cadro de características.

e) Admisión de prórroga: si. Punto 8.2 do cadro de características.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 90522000-2.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto e suxeito a regulación harmonizada.

c) Criterios de adxudicación: os especificados no punto 3.6.1 do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: 1.874.613,06 €.

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 937.306,53 €. Importe total: 1.134.140,90 €.

6. Garantías exixidas.

Definitiva (5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE).

7. Subcontratación: de acordo co establecido no punto 6.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a especificada no punto 3.3 do prego de cláusulas administrativas particulares e no punto 5.2 do seu cadro de características.

9. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o 2 de novembro de 2016, ás 14.00 horas.

b) Modalidade: a sinalada no punto 3.4 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

2º. Domicilio: San Lázaro, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Admisión de variantes: non.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura de proposicións. O devandito prazo ampliarase en quince días hábiles cando sexa necesario seguir os trámites a que se refire o artigo 152.3 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

10. Apertura de ofertas.

a) Descrición: apertura pública.

b) Enderezo: San Lázaro, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Data e hora: publicarase no perfil do contratante a data e hora de apertura dos sobres B.

11. Gastos de publicidade: o importe dos gastos de publicidade será por conta do adxudicatario.

12. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de las Comunidades Europeas: 23 de setembro de 2016.

Santiago de Compostela, 23 de setembro de 2016

María Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Medio Ambiente
e Ordenación do Territorio