Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Mércores, 5 de outubro de 2016 Páx. 45903

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 3 de setembro de 2016, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do proxecto de ampliación dunha explotación de galiñas de cría no concello de Sandiás (expediente 2014/0012).

De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 47, número 3, faise público o informe de impacto ambiental do 2 de setembro de 2016, relativo ao proxecto de ampliación dunha explotación de galiñas de cría, sita no lugar de Cardeita, no concello de Sandiás (Ourense), promovido por Cándido Gil Olmos.

Este informe pódese consultar na ligazón:

http://www.cmati.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 3 de setembro de 2016

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental