Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Martes, 4 de outubro de 2016 Páx. 45794

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO da licitación da subministración de aparellos para o Servizo de Extinción de Incendios de Vigo.

1. Entidade adxudicadora: a) Organismo: Concello de Vigo. b) Dependencia que tramita o expediente: Bombeiros. c) Obtención de documentación e información: Servizo de Contratación do Concello de Vigo, praza do Rei, s/n, 36202 Vigo. Teléfono: 986 81 01 48, fax: 986 22 62 06. Correo electrónico: contratacion@vigo.org. Enderezo da internet do perfil de contratante: www.vigo.org. Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións. d) Número de expediente: 4335-213.

2. Obxecto do contrato: a) Descrición: reposición de diversos aparellos para o Servizo de Bombeiros: un grupo de aspiración, un equipamento de excarceración, un xerador de corrente e un compresor de aire. b) CPV: 35110000-8. c) División por lotes: si. Lote 1: grupo de aspiración; lote 2: equipamento de excarceración; lote 3: xerador de corrente; lote 4: compresor de aire. d) Lugar de entrega: Parque Central de Teis (Vigo). e) Prazo de execución: 3 meses.

3. Tramitación e procedemento: a) Tramitación: ordinaria. b) Procedemento: aberto. c) Criterios de adxudicación: os consignados no número 9 das FEC do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base: a) Orzamento total: 365.000 euros. b) Dotación por lotes: lote 1: 136.730 euros; lote 2: 130.256,50 euros; lote 3: 26.015 euros; Lote 4: 71.998,50 euros.

5. Garantías exixidas. a) Provisional: non se exixe. Definitiva: 5 % do importe do contrato excluído o IVE. c) Complementaria: non.

6. Requisitos específicos do contratista: a) Documentos acreditativos da solvencia económica e financeira: declaración do volume anual de negocio. Consideraranse con solvencia económica e financeira os licitadores que no conxunto dos últimos tres anos teñan un volume de facturación que sexa igual ou superior ao prezo do contrato. b) Documentos acreditativos da solvencia técnica e profesional: unha relación das principais subministracións similares ao obxecto do contrato realizadas nos últimos cinco anos que inclúa importe, datas e o destinatario, público ou privado, deles por importe igual ou superior ao prezo do contrato. Considerarase acreditada a solvencia se nalgún dos últimos cinco anos acredita subministracións por importe igual ou superior a unha anualidade media do prezo do contrato. As subministracións efectuadas acreditaranse mediante certificados expedidos ou visados polo órgano competente, cando o destinatario sexa unha entidade do sector público; cando o destinatario sexa un suxeito privado, mediante un certificado expedido por este ou, na falta deste certificado, mediante unha declaración do empresario.

7. Presentación de ofertas. Prazo: o prazo rematará o día 28 de outubro de 2016.

Documentación: a exixida na cláusula 12 do prego de condicións administrativas e no punto 7 das FEC.

Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo, praza do Rei, s/n, 36202 Vigo, ata as 13.30 horas do último día de prazo.

Admisión de melloras: non.

Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

8. Apertura das ofertas técnica e económica. Entidade, domicilio e localidade: véxase o punto 6 do anuncio.

Data e hora: anunciarase no perfil de contratante do Concello de Vigo.

9. Páxina web para obter información: www.vigo.org

Vigo, 16 de setembro de 2016

O alcalde
P.D. (Decreto do 19.6.2015 e Acordo do 19 de xuño)
David Regades Fernández
Concelleiro delegado de Contratación