Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Martes, 4 de outubro de 2016 Páx. 45693

III. Outras disposicións

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2016 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2016.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), establece que cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia debe facer pública no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para darlle cumprimento a esa obriga,

RESOLVO:

Primeiro. Darlle publicidade á relación dos convenios de colaboración subscritos pola Axencia Turismo de Galicia nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2016, que se incorpora como anexo I a esta resolución.

Segundo. Así mesmo, e para os efectos de completar a Resolución do 12 de maio de 2016 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2016 (DOG núm. 97, do 24 de maio), dáse publicidade aos convenios de colaboración pendentes de publicar subscritos no primeiro cuadrimestre do 2016 pola Axencia Turismo de Galicia, que se incorporan como anexo II a esta resolución.

Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2016

O/a director/a da Axencia Turismo de Galicia
P.S. (Orde do 22.8.2016; DOG núm. 160, do 25 de agosto)
Manuel Galdo Pérez
Secretario xeral da Presidencia

ANEXO I

Convenio

Importe achegado pola Axencia

Data de sinatura

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Arcebispado de Santiago de Compostela para a apertura de igrexas no Camiño

35.000 €

2.5.2016

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a través da Axencia Turismo de Galicia, e Información e Comunicación Local, S.A. (Incolsa-Turismo de Santiago) para a realización de actividades de promoción do turismo

52.988 €

2.5.2016

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico e Social (Inorde) para a realización de actividades de valorización dos recursos turísticos no xeodestino nº 12 Manzaneda-Trevinca

35.000 €

10.5.2016

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a través da Axencia Turismo de Galicia, a Deputación Provincial de Ourense e o Concello de Monterrei para a limpeza, conservación e mantemento do contorno do Castelo de Monterrei e a posta en funcionamento dunha oficina de turismo

20.000 €

10.5.2016

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a través da Axencia Turismo de Galicia, e a Mancomunidade de Terras de Pontevedra para a realización de actividades de promoción do turismo na comarca de Pontevedra

60.000 €

10.5.2016

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia, Abanca Corporación Bancaria, S.A. e Fundación Festa da Istoria de Ribadavia para a celebración da Festa da Istoria 2016

25.000 €

11.5.2016

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Asociación de Meigas de las Hogueras de San Juan da Coruña para a celebración da Festa das Fogueiras de San Xoán 2016

40.000 €

19.5.2016

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Asociación Rural de Desenvolvemento da Ría de Muros-Noia para a realización de actividades de valorización dos recursos turísticos no xeodestino ría de

Muros-Noia

40.000 €

19.5.2016

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia, Abanca Corporación Bancaria, S.A. e o Concello de Lugo para a celebración das Festas de San Froilán 2016

15.000 €

30.5.2016

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Asociación Nove Grupo Gastronómico para a promoción da gastronomía de Galicia

90.000 €

31.5.2016

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Federación Galega de Bandas de Música Populares para a realización de varios concertos de música popular en Santiago de Compostela, programa Música no Camiño

86.210 €

1.6.2016

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a través da Axencia Turismo de Galicia, e a Mancomunidade de Municipios da Mariña Lucense para a realización de actividades de promoción do turismo na Mariña Lucense

160.000 €

2.6.2016

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Clúster Español de Turismo de Saúde (Spaincares) para a realización e posta en marcha do Plan de turismo de saúde e termal en Galicia

50.000 €

6.6.2016

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e Cursos Internacionais da USC, S.L. para a realización conxunta de accións promocionais do Camiño de Santiago

20.000 €

9.6.2016

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Fundación Catedral de Santiago para a execución da obra de rehabilitación de espazos na primeira planta do Centro Internacional de Acollida ao Peregrino para a instalación de dependencias de apoio ao centro e da Cátedra do Camiño de Santiago e a Peregrinación

323.435,40 €

23.6.2016

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Consorcio Turismo Ribeira Sacra para a realización de actividades de promoción e fomento do turismo na Ribeira Sacra

100.000 €

8.7.2016

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia, Abanca Corporación Bancaria, S.A., Información e Comunicación Local, S.A.

(Incolsa-Turismo de Santiago) para celebración das Festas do Apóstolo 2016

25.000 €

11.7.2016

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Club de Antigos Alumnos do CSHG

15.000 €

19.7.2016

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a través da Axencia Turismo de Galicia, e o Concello de Santiago de Compostela para a realización de actividades de promoción do turismo nos xeodestinos Terras de Santiago e Deza-Tabeirós

60.000 €

19.7.2016

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a entidade Ulises Proyect Eventos, S.L. para a celebración do festival O Marisquiño XVI

20.000 €

27.7.2016

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello de Crecente para mellorar o acondicionamento do entorno fluvial das pesqueiras

83.148,78 €

29.7.2016

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello de Arbo para mellorar o acondicionamento do contorno fluvial das pesqueiras

45.156,70 €

2.8.2016

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a través da Axencia Turismo de Galicia, e o Concello de Ourense para a promoción de Ourense como capital termal de Galicia

30.000 €

5.8.2016

Convenio entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello de Salvaterra de Miño para instalación de pantalán

240.481,46 €

11.8.2016

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello de Forcarei para acondicionamento e posta en valor das neveiras de Fixó, na parroquia de Millarada

95.000 €

12.8.2016

Convenio de colaboración entre a Universidade de Santiago de Compostela, a Axencia Turismo de Galicia e a S.A.M.I. Catedral de Santiago para a creación da Cátedra Institucional do Camiño de Santiago e as peregrinacións

40.000 €

19.8.2016

ANEXO II

Convenio

Importe achegado pola Axencia

Data de sinatura

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (IEGPS) para a celebración do 10th International Colloquium Compostela Relics, shrines and pilgrimages in de European historical context

15.000 €

26.2.2016

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia, Abanca Corporación Bancaria, S.A. e o Concello da Estrada para a celebración da Rapa das Bestas de Sabucedo 2016

40.000 €

18.4.2016

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia, Abanca Corporación Bancaria, S.A. e o concello de Ortigueira para a celebración do Festival Internacional do Mundo Celta

40.000 €

18.4.2016

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia a través Axencia Turismo de Galicia e a Mancomunidade do Salnés para a realización de actividades de promoción do turismo na Comarca do Salnés

200.000 €

22.4.2016