Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Martes, 4 de outubro de 2016 Páx. 45768

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Tributaria de Galicia

ANUNCIO do 20 de setembro de 2016, da Zona de Recadación da Coruña, polo que se dá a coñecer a realización dunha poxa pública de bens/dereitos.

De conformidade co acordo da Axencia Tributaria de Galicia do 29 de agosto de 2016, infórmase que o día 27.10.2016, ás 10.00 horas no salón de actos da Delegación da Axencia Tributaria de Galicia da Coruña (sita na praza de Pontevedra, 22) terá lugar a poxa pública dos bens/dereitos que se describen a seguir:

Lote

NIF

Nombre

Descrición do ben

Valoración

Cargas

Tipo 1

Tramos

1

32409658J

Berdiñas Varela, Aurelio Manuel

Predio urbano, a local comercial, sito no soto do nº 54 (antes 68) da rúa Pascual Veiga da Coruña, cunha superficie de 63 m2. Inscrito no Rexistro da Propiedade nº 1 da Coruña, predio nº 20706. Referencia catastral 7016334NJ4071N0001EM.

13.058

Non constan

13.058

100

2

32409658J

Berdiñas Varela, Aurelio Manuel

Predio urbano, a local comercial, sito en baixo, no nº 54 (antes 68) da rúa Pascual Veiga da Coruña cunha superficie de 63 m2. Inscrito no Rexistro da Propiedade nº 1 da Coruña, predio nº 20710. Referencia catastral 7016334NJ4071N0004YE.

19.867,10

Non constan

19.867,10

100

3

34888820M

Caamaño Maceiras, Alexandre

Terceira parte da núa propiedade, con carácter privativo, de predio urbano, a monte, denominado Maeda, na parroquia de San Vicenzo de Elviña da cidade da Coruña cunha superficie de 3.100 m2. Predio nº 56213 do Rexistro da Propiedade nº 2 da Coruña. Referencia catastral 8572701NH4987S0001SF.

162.554,30

Non constan

162.554,30

500

4

34893238F

Castro García, José Ángel

Predio a labradío, de nome Tarreo da Viña Nova, sito en Moruxo, Gandarío, concello de Betanzos, provincia da Coruña, cunha superficie de 966 m. Referencia catastral 2385903NH6928N0001EM. Predio nº 22618 do Rexistro da Propiedade de Betanzos.

22.337,56

Non constan

22.337,56

100

5

B15140668

Construcciones La Rosaleda, S.L.

Praza de garaxe nº 29, no andar a nivel das vivendas
–nivel +16,30– na zona posterior do edificio en Poio, nº 44 da avenida da Costa. Cunha superficie de 11,52 m2. Inscrita no Rexistro da Propiedade nº 2 de Pontevedra, nº de predio 16369.

3.529,05

Non constan

3.529,05

100

6

B15997901

Farocasen, S.L.

Solo sen edificar sito no lugar da Casanova, polígono 29, parcela 471, parroquia de Petón, concello de Arteixo, A Coruña. Cunha superficie de 2.435m2. Linda ao norte co predio propiedade de José Vázquez Aldao; ao sur co predio propiedade de María Dolores Calvo Tato; ao leste co predio propiedade de Elvira Rodríguez Mariño e ao oeste co predio propiedade de Daniel Rodríguez Casteleiro e con camiño sen nome. Referencia catastral 15005A029004710001AU.

14.877,85

Non constan

14.877,85

100

7

32606939T

Graña Anidos, María Rosario

Vivenda sita no andar primeiro do edificio nº 30 da avenida de Cedeira, concello de Narón, con rocho anexo, referencia catastral 5876040NJ615N0002QO. Predio 35988 do Rexistro da Propiedade de Narón. Consta hipoteca unilateral sobre este predio e o predio nº 37464 do mesmo rexistro, outorgada o 27 de marzo de 2013 ante o notario Francisco Manuel López Sánchez.

82.545,62

Non constan

82.545,62

500

8

32606939T

Graña Anidos, María Rosario

Parcela de terreo urbano sen edificar sita na rúa Uxío López, nº 3, do concello de Narón con referencia catastral 589600NJ6159N0001PL, predio nº 37464 do Rexistro da Propiedade de Narón. Consta hipoteca unilateral, a favor da Atriga, sobre este predio e o predio nº 35988 do mesmo rexistro, outorgada o 27 de marzo de 2013 ante o notario Francisco Manuel López Sánchez.

109.744,20

Non constan

109.744,20

500

9

B15713100

PYC Galicia 2000, S.L.

Predio urbano, rocho nº 10, sito no andar de soto primeiro do edificio sinalado co nº 24 da estrada de Armuño, en Sada. Cunha superficie aproximada de 2,70 m2. Inscrito no Rexistro da Propiedade de Betanzos con nº de predio 23605.

1.334,26

Non constan

1.334,26

100

10

B15713100

PYC Galicia 2000, S.L.

Praza de garaxe nº 44, sita na zona descuberta ao nivel do soto primeiro do edificio sinalado co nº 24 da estrada de Armuño, en Sada. Cunha superficie aproximada de 11,25 m2. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Betanzos con nº de predio 23600.

7.467,82

Non constan

7.467,82

100

11

B15713100

PYC Galicia 2000, S.L.

Praza de garaxe nº 46, sita na zona descuberta ao nivel do soto primeiro do edificio sinalado co nº 24 da estrada de Armuño, en Sada. Cunha superficie aproximada de 13,18 m2. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Betanzos con nº de predio 23602.

8.575,30

Non constan

8.575,30

100

12

B15713100

PYC Galicia 2000, S.L.

Praza de garaxe nº 45, sita na zona descuberta ao nivel do soto primeiro do edificio sinalado co nº 24 da estrada de Armuño, en Sada. Cunha superficie aproximada de 11,25 m2. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Betanzos con nº de predio 23601.

7.467,82

Non constan

7.467,82

100

13

32361163W

Rodríguez Bujía, José Manuel

100 % do pleno dominio con carácter ganancial por título de compravenda do predio rústico, a monte, prado e labradío sito no lugar de Regada, Paderne, no concello de Cesuras. Cunha superficie de 90 áreas e 99 centiáreas. Predio nº 8459 do Rexistro da Propiedade de Betanzos.

8.203,17

Non constan

8.203,17

100

14

32607227B

Sanesteban Cao, Miguel Ángel

1/5 do pleno dominio con carácter privativo do piso terceiro letra A, dúplex, do edificio con entrada polo portal nº 51 da rúa Juan Balas, hoxe Breogán, na cidade de Ferrol. Cunha superficie construída de 200 m2. Inscrito no Rexistro da Propiedade de Ferrol con nº de predio 36278.

17.177,16

Non constan

17.177,16

100

15

32607227B

Sanesteban Cao, Miguel Ángel

1/2 do pleno dominio con carácter ganancial da casa composta de tres corpos e faiado na rúa Magdalena, nº 130 e nº 5 da rúa do Hospital, e unido a ela polas súas costas un patio e unha adega co seu andar alto e que ten no baixo unha porta e no alto un balcón á rúa do Hospital, na cidade de Ferrol. Cunha superficie ocupada de 126 m2. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Ferrol con nº de predio 1654.

196.108,80

158.590

37.518,80

100

16

B15795222

Sogeinverca, S.L.

1/118 do pleno dominio por título de modificación do local nos andares de soto terceiro, segundo e primeiro que forma parte da casa con fachada ás rúas Coronel Calaza e Vila de Cambre, na cidade da Coruña, destinado a 37 prazas de garaxe de coche, 5 prazas de garaxe de moto e un rocho. Cunha superficie útil aproximada de 1.109,97 m2. Inscrita no Rexistro da Propiedade nº 4 da Coruña con nº de predio 13355.

3.411,44

Non constan

3.411,44

100

17

Y2004105Z

Takacs, Anett

Pleno dominio con carácter privativo por título de compravenda do local comercial sito no andar de ático na casa sinalada co nº 160 da rúa María, na cidade de Ferrol. Cunha superficie construída de 98 m2. Inscrito no Rexistro da Propiedade de Ferrol con nº de predio 20985.

37.990,24

Non constan

37.990,24

100

18

B15270721

Unión Atalaya, S.L.

3,827751 % (8/209) do pleno dominio por título de propiedade horizontal do local destinado a garaxes e rochos que comprende a totalidade do andar de soto segundo, nunha edificación no ámbito da U.A. 39, 40 e 41 en Acea da Má, concello de Culleredo, formando parte do cuarteirón delimitado pola rúa Fernando Pérez de Traba, rúa Ribados e os accesos a espazos libres no interior do cuarteirón. Da superficie construída total de 2.148,35 m2. Está formado por 43 prazas de aparcadoiro numeradas do 1 ao 43 e 80 rochos, numerados do 1 ao 80. Inscrito no Rexistro da Propiedade nº 3 da Coruña con nº de predio 33287. Referencia catastral 1263172NH5916S0001LR.

6.199,94

Non constan

6.199,94

100

19

B15724495

Mahía Grupo Inmobiliario, S.L.

Pleno dominio por título de propiedade horizontal do local comercial sito na rúa Picones, portal 2, andar baixo, porta 2, no concello de Arroyo, Valladolid. Cunha superficie construída de 161 m2. Inscrito no Rexistro da Propiedade nº 3 de Valladolid con nº de finca 3972.

181.777

Non constan

181.777

500

20

B15724495

Mahía Grupo Inmobiliario, S.L.

Pleno dominio por título de propiedade horizontal do local comercial sito na rúa Picones, andar baixo, porta 1, no concello de Arroyo, Valladolid. Cunha superficie construída de 118,80 m2. Inscrito no Rexistro da Propiedade nº 3 de Valladolid con nº do predio 3958.

134.131,10

Non constan

134.131,10

500

21

B15680036

Maderas Reboredo, S.L.

Vehículo Toyota Avensis, diésel, matrícula 1539FJZ, matriculación 29.12.2006.

3.306

Non constan

3.306

50

De conformidade co disposto no artigo 101 do Real decreto 939/2005, do 29 de xullo, polo que se aproba o Regulamento xeral de recadación, faise constar que:

a) Están ao dispor dos interesados, na Zona de Recadación da Coruña, onde poden ser examinados ata o día anterior ao da poxa, os expedientes de constrinximento, nos cales constan os títulos de propiedade dos bens ou dereitos poxados e o estado das súas cargas e gravames, cos que se terán que conformar, sen teren dereito a exixir outros.

b) Cando se trate de bens ou dereitos inscritibles nos rexistros públicos, os licitadores non terán dereito a exixir outros títulos de propiedade que os achegados no expediente; que, de non estaren inscritos os bens ou dereitos no rexistro ou, o documento público de venda é título mediante o cal se pode efectuar a inmatriculación nos termos previstos na lexislación hipotecaria, e que, nos demáis casos en que sexa preciso, deberán proceder, se lles interesa, como dispón o título VI da Lei hipotecaria, para levar a cabo a concordancia entre o rexistro e a realidade xurídica.

c) As cargas e gravames que subsistiren ao crédito dos executantes continuarán subsistindo, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado nas súas responsabilidades, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

d) No tipo da poxa non se inclúen os impostos indirectos que graven a transmisión dos ditos bens ou dereitos.

e) A obriga de constituír ante a mesa de poxa con anterioridade á súa realización un depósito do 20 % do tipo de poxa. De forma motivada poderá reducirse este depósito ata un mínimo do 10 %. Se os adxudicatarios non satisfán o prezo do remate, o dito depósito aplicarase á cancelación da débeda, sen prexuízo das responsabilidades en que poidan incorrer polos prexuízos que orixine a falta de pagamento do prezo de remate. O depósito deberá constituírse mediante cheque que cumpra os requisitos establecidos no artigo 35.1 do Regulamento xeral de recadación ou por calquera medio que se habilite para o efecto.

f) A poxa suspenderase en calquera momento anterior á adxudicación de bens ou dereitos se se fai o pagamento da contía establecida no artigo 169.1 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.

g) O adxudicatario entregará no acto da adxudicación ou dentro dos 15 días seguintes a diferenza entre o depósito constituído e o prezo da adxudicación.

h) Admitiranse ofertas en sobre pechado; nese caso, a mesa de poxa substituirá os licitadores, poxando por eles na forma prevista para o efecto.

i) Despois de ter lugar a primera licitación, a mesa poderá acordar a celebración dunha segunda licitación, logo da deliberación da súa conveniencia. Neste caso admitiranse poxas que cubran o novo tipo, que será o 75 % do tipo de poxa en primeira licitación.

j) De conformidade co disposto no artigo 107 do Regulamento xeral de recadación, se quedaren bens sen adxudicar, iniciarase o trámite de adxudicación directa polo prazo de seis meses, e poderanse presentar ofertas en sobre pechado a partir dese momento á mesa de poxa.

A mesa de poxa abrirá as ofertas presentadas ao remate do prazo do mes seguinte ao do seu inicio, e poderá proceder á adxudicación dos bens se algunha delas se considera suficiente nese momento. No caso contrario, anunciarase a extensión dun mes máis para a presentación de novas ofertas ou mellora das existentes, sen prexuízo da validez das ofertas presentadas ata ese momento, e así sucesivamente co límite total de seis meses.

A Coruña, 20 de setembro de 2016

Julián Benavides Delgado
Recadador de zona da Coruña