Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Martes, 4 de outubro de 2016 Páx. 45789

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 13 de setembro de 2016, da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, pola que se anuncia a contratación da subministración de mobiliario clínico e xeral (expediente AB-EIP1-16-031).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Obtención da documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación Administrativa.

2º. Enderezo: avenida de Vigo, 16.

3º. Localidade e código postal: Pontevedra 36003.

4º. Teléfono: 986 88 51 33.

5º. Telefax: 986 88 58 85.

6º. Correo electrónico: contratacionadministrativa.pontevedra@sergas.es

7º. Enderezo da internet do perfil de contratante: www.sergas.es

8º. Data límite da obtención da documentación e información: ata a data límite da presentación das ofertas, todos os días laborables (agás os sábados), das 9.00 ás 14.00 horas.

d) Número do expediente: AB-EIP1-16-031.

2. Obxeto do contrato.

a) Tipo: subministracións.

b) Descrición: subministración de mobiliario clínico e xeral para a EOXIPS.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: catorce lotes.

d) Lugar de execución/entrega: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo de execución/entrega: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

f) Admisión de prórroga: non.

g) CPV (referencia da nomenclatura): 33192000-2.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, multicriterio e contratación documentalmente simplificada.

c) Criterios de adxudicación: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: 171.624,16 €.

5. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: 171.624,16 €.

b) Importe total: 207.665,25 €

6. Garantías exixidas.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o imposto sobre o valor engadido.

7. Requisitos especificos do contratista.

a) Clasificación, de ser o caso (grupo, subgrupo e categoría): véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, de ser o caso: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite da presentación: antes das catorce (14.00) horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (no caso de que do dito día coincida en sábado ou festivo, finalizará o día hábil seguinte), ou por correo na forma indicada no artigo 80 do Regulamento xeral de contratos das administracións públicas.

b) Modalidade da presentación: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés.

2º. Enderezo: r/ Loureiro Crespo, 2.

3º. Localidade e código postal: Pontevedra 36001.

4º. Enderezo electrónico: contratacionadministrativa.pontevedra@sergas.es

d) Admisión de variantes, se procede: non.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Apertura das ofertas.

a) Descrición: abriranse os sobres B e C e leranse as propostas.

b) Enderezo: publicarase no perfil de contratante.

c) Localidade e código postal: publicarase no perfil de contratante.

d) Data e hora: a data e a hora de realización da apertura dos sobres B e C publicaranse no perfil de contratante: www.sergas.es

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario (véxase o prego de cláusulas administrativas).

Pontevedra, 13 de setembro de 2016

José Manuel González Álvarez
Xerente de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés