Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Luns, 3 de outubro de 2016 Páx. 45562

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Emerxencias

RESOLUCIÓN do 15 de setembro de 2016 pola que se fai pública a formalización da contratación para a adquisición de embarcacións destinadas a tarefas de prevención e actuación en emerxencias cofinanciada nun 80 % polo Feder no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, obxectivo tematico 05, prioridade de investimento 05.02, obxectivo específico 05.02.01, liña de actuación 40: dotación de equipamento, instalacións e infraestruturas de protección civil destinadas á prevención e xestión de riscos derivados de catástrofes naturais e fenómenos relacionados co clima.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención de información.

a) Organismo: Axencia Galega de Emerxencias.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=37407

Tamén se terá acceso ao perfil do contratante a través da páxina web:

http://www.axega112.org

d) Número de expediente: AXGE.15.SU.088.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración de oito (8) embarcacións para emerxencias destinadas aos servizos de emerxencias para atender situacións en que sexa necesario empregar este tipo de equipamento, tales como: dispositivos preventivos, rescates e busca de persoas, apoio loxístico, etc.

c) División por lotes e número: non.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 34522450-1.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: documentalmente simplificada e ordinaria.

b) Procedemento: aberto atendendo a varios criterios de adxudicación.

4. Orzamento base de licitación: importe neto: 115.041,35 €; importe total: 139.200,00 €.

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 2 de agosto de 2016.

b) Data de formalización: 3 de agosto de 2016.

c) Adxudicataria: Vanguard Marine Lda.

d) Importe de adxudicación: importe neto: 107.040,00 €; importe total: 131.659,20 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: economicamente máis vantaxosa.

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2016

Juan José Muñoz Iglesias
Xerente da Axencia Galega de Emerxencias