Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Luns, 3 de outubro de 2016 Páx. 45479

III. Outras disposicións

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 12 de setembro de 2016 pola que se dá publicidade dunha encomenda de xestión ao medio propio Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A. (Tragsatec).

Encomenda de xestión do servizo técnico cualificado para a xestión da tramitación técnica e administrativa dos expedientes de dominio público hidráulico da bacía hidrográfica de Galicia-Costa:

– Actividade. Servizo técnico cualificado para a colaboración e auxilio na xestión técnica e administrativa no ámbito da área de dominio público hidráulico da bacía hidrográfica de Galicia-Costa.

– Natureza e alcance da xestión encomendada. Esta encomenda ten natureza intersubxectiva ao ter Tragsatec a consideración de medio instrumental da Administración, de conformidade co disposto nos artigos 45 e 47 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico.

– Prazo de vixencia. O prazo de execución da encomenda será de doce meses e comezará a computarse o 1 de agosto de 2016.

– Financiamento. Tramitarase con cargo á conta 6232 «Estudos e traballos técnicos» do Plan xeral de contabilidade pública.

Santiago de Compostela, 12 de setembro de 2016

Roberto Rodríguez Martínez
Director de Augas de Galicia