Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Luns, 3 de outubro de 2016 Páx. 45554

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 16 de setembro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan varios interesados para seren notificados por comparecencia dos trámites de audiencia relativos a diversos recursos contra as bases definitivas da zona de concentración parcelaria de San Vicenzo de Curtis (Vilasantar).

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, emprázanse por medio do presente anuncio, publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), os interesados da zona de concentración parcelaria de San Vicenzo de Curtis (Vilasantar-A Coruña) que se relacionan no anexo, para ser notificados de varios trámites de audiencia relativos a recursos contra as bases definitivas da devandita zona, que os afectan.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro dos trámites de audiencia, os interesados poderán comparecer nas dependencias desta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer nº 2, no Edificio Administrativo de Servizos Múltiples de Monelos, na Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de quince días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 16 de setembro de 2016

Manuel Rodríguez Vázquez
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Acto notificado: trámite de audiencia.

Interesados:

María Freire Castelo

María Virtudes Freire Labandeira

Ramón Pato Seijas

Antonia Amparo Pato Ulloa

Vanessa Guerra Astray

Aurora Sánchez Rozada

José Luis López Merelas

Francisca Vilariño Bermúdez

Petronila Vilariño Manuela

José Rodríguez Corral