Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Luns, 3 de outubro de 2016 Páx. 45551

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 13 de setembro de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia no proxecto de ordenación DSX-53.

Logo de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 59.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto adoptouno o xefe do Servizo de Montes de Lugo.

A comparecencia para coñecer o contido íntegro do dito acto deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, no Servizo de Montes da Xefatura Territorial de Lugo, rolda da Muralla, 70, andar baixo 2º, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Lugo, 13 de setembro de 2016

José Ramón Losada Fernández
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: DSX-53.

Interesada: Milagros María del Carmen Novo Val.

Acto notificado: requirimento de emenda do proxecto de ordenación denominado Documento simple de xestión do monte Trobos.