Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Luns, 3 de outubro de 2016 Páx. 45539

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 7 de setembro de 2016 pola que se convoca o acordo marco para a contratación da subministración, suxeita a regulación harmonizada, de produtos de lavandaría para os centros dependentes desta consellería.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Política Social.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica-Servizo de Contratación e Control Económico Contractual.

c) Dirección: Edificio Administrativo San Caetano s/n, 15781 Santiago de Compostela.

d) Enderezo do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=62680

e) Número de expediente: 26/2016.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: determinar, mediante un acordo marco, as condicións ás que deberán suxeitarse os contratos derivados que adxudicará o órgano de contratación para a subministración de produtos de lavandaría, deterxentes líquidos e sistemas de clasificación e dosificación, así como todos aqueles produtos que sexan necesarios para o lavado, destinados aos centros dependentes da Consellería de Política Social.

c) Nomenclatura CPV: 39831200-8 (deterxentes).

d) Nomenclatura CPA: 20.41 (xabóns, deterxentes e outros artigos de limpeza e abrillantamento).

e) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

f) Lugar de execución/entrega: nos centros dependentes da Consellería de Política Social de acordo co indicado no prego de cláusulas administrativas particulares.

g) Duración: o acordo marco estará vixente durante o prazo de 24 meses a partir da data de formalización. O prazo de vixencia do acordo marco poderá ser prorrogado, por mutuo acordo das partes, antes da súa finalización, por un prazo igual ou inferior ao fixado orixinariamente polo que o período máximo de duración será de 48 meses, incluídas as prórrogas.

h) Admisión de prórroga: si.

i) Establecemento dun acordo marco: si.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto e suxeito a regulación harmonizada.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: ver cláusula 13 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP).

4. Valor estimado.

a) Valor estimado do contrato: setecentos corenta e sete mil oitocentos dous euros con corenta e nove céntimos (747.802,49 €).

5. Garantías exixidas.

a) Provisional: non se exixe.

b) Garantía definitiva: si. Pola contía do 5 % do importe de licitación, IVE excluído, de conformidade co establecido nos artigos 95.1 e 151.2 do TRLCSP.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional. Ver cláusulas 17 e 18 da folla de especificacións do PCAP.

7. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: o prego de cláusulas administrativas particulares e o prego de prescricións técnicas poderán ser examinados no Servizo de Contratación e Control Económico Contractual.

b) Domicilio e localidade: Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

c) Teléfono de contacto:

– Información administrativa: 981 54 56 43 (Luís Miguel Vázquez Carreira).

– Información técnica: 981 54 56 62 (Rosa Ana Martínez Fernández).

d) Fax: 981 54 56 85.

e) Correo electrónico: centralizados.traballo@xunta.es.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o último día do prazo de presentación de ofertas.

g) Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=62680

8. Presentación de ofertas.

a) Prazo de presentación: o prazo de presentación de proposicións termina o día 18 de outubro de 2016, de acordo co establecido no artigo 159 do TRLCSP, salvo acordo de ampliación do prazo debidamente motivado polo órgano de contratación que será publicado no perfil do contratante.

b) Lugar de presentación: segundo o establecido no número 20 da folla de especificacións do PCAP, as proposicións presentaranse na oficina do Rexistro Xeral e Información á Cidadanía do Complexo Administrativo de San Caetano, 15781 Santiago de Compostela, dirixidas á Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social.

c) Documentación que hai que presentar: a sinalada nos números 5.3, 5.4 e 5.5 do PCAP.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social.

b) Domicilio e localidade: Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

c) Data: o acto público de apertura dos sobres B e C efectuarase no lugar, data e hora que se publicará no perfil do contratante como mínimo con tres días hábiles de antelación ao da súa realización, así como calquera posible variación destas datas.

10. Gastos de publicidade.

Este anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 7 de setembro de 2016

O conselleiro de Política Social
P.D. (Artigo 1 da Orde do 3.3.2016)
Francisco Javier Abad Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Política Social