Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Luns, 3 de outubro de 2016 Páx. 45534

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 7 de setembro de 2016, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica o acordo de incoación de expediente de caducidade da autorización de explotacion O Beneito número 6, titularidade de Pizarras Choudeiros, S.L., no concello de Carballeda de Valdeorras (Ourense).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada parcialmente pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselle a sociedade Pizarras Choudeiros, S.L., con último enderezo coñecido na Medua, nº 48, 32338 Carballeda de Valdeorras (Ourense), como titular, o acordo de incoación de expediente de caducidade da autorización de explotación O Beneito nº 6, pola causa prevista na Lei de minas do 21 de xullo de 1973 (artigo 18.2 e 83.4), e no Regulamento para o réxime da minaría de 1978 (artigo 31.2 e 106, alínea d).

Os interesados dispoñen dun prazo de quince días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, para formular as alegacións e presentar os documentos e as xustificacións que consideren oportunos na súa defensa, de conformidade co establecido no artigo 84 da citada Lei 30/1992. No suposto de non efectuar alegacións no prazo indicado, o acordo de incoación de expediente de caducidade consideraráse como proposta de resolución.

Ourense, 7 de setembro de 2016

Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe territorial de Ourense