Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Venres, 30 de setembro de 2016 Páx. 45196

III. Outras disposicións

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2016 pola que se aproban e se fan públicas as relacións definitivas de admitidos e excluídos ás probas para a obtención da habilitación do persoal de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas, así como a composición do tribunal cualificador, a data, a hora e o lugar de realización das probas.

De conformidade co establecido no artigo 5 da Orde do 21 de xaneiro de 2010 pola que se regula a actividade de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas e se aproban as bases xerais das probas para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas (DOG núm. 24, do 5 de febreiro), e na disposición derradeira primeira da Orde do 22 de xuño de 2016 pola que se convocan probas para a renovación da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas (DOG núm. 131, do 12 de xullo), esta dirección xeral

RESOLVE:

Aprobar as listaxes definitivas de admitidos e excluídos ás probas para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas convocadas pola Orde do 22 de xuño de 2016 (DOG núm. 131, do 12 de xullo).

A listaxe definitiva de aspirantes admitidos poderá consultarse a través da páxina web oficial da Academia Galega de Seguridade Pública, http://agasp.xunta.es

A listaxe definitiva de aspirantes excluídos, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexo a esta resolución.

Composición do tribunal cualificador.

1. O tribunal cualificador das probas correspondentes a esta convocatoria está formado polos seguintes membros:

– Tribunal titular:

Presidenta: Mónica María Castro Pérez.

Secretario: Roberto Pérez Fonte.

Vogais:

Jesús Lata Buceta.

Constantino Grandío Rivas.

Mercedes Gayoso Gómez.

– Tribunal suplente:

Presidente: Ramón Quiroga Limia.

Secretario: Ramón Freire Priegue.

Vogais:

José Ramón Viñas Diz.

María Elena Porto Gómez.

María Carmen González Otero.

2. A súa actuación e funcionamento rexeranse polo disposto para os órganos colexiados na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Desenvolvemento das probas:

Convócanse os/as aspirantes que figuran na listaxe de admitidos para a realización das probas, que terán lugar o vindeiro día 7 de outubro na sede da Academia Galega de Seguridade Pública, sita na avenida da Cultura, s/n, A Estrada.

Proba de coñecementos:

Ás 9.30 horas

Proba psicolóxica:

Ás 11.30 horas.

Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento acreditativo da súa identidade, ao xuízo do tribunal, así como de bolígrafo de cor azul.

A Estrada, 20 de setembro de 2016

Luis Menor Pérez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO

Nome

Código

Alfonso Veliz, Laura

2

Cabrera González, Pedro

2 e 3

Cordero Lodeiro, David

2

Dias de Toledo, Robson Jorge

2 e 3

Galano, Angelo

1, 2 e 3

González Méndez, Santiago

1, 2 e 3

Khalid, Hamza

5

Lires Lema, Héctor

2

Moldes Lobato, Javier

2

Montero Troncoso, Yaiza Mari

2

Santiago Pérez, Esteban

2

Código

Descrición

1

Non achega xustificante do pagamento da taxa correspondente

2

Non achega certificado de penais

3

Non achega fotografías tamaño carné

4

Non presenta instancia

5

Documentación incorrecta