Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Venres, 30 de setembro de 2016 Páx. 45310

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 15 de setembro de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a iniciación do expediente sancionador MON-LU-90/2016-ASV.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de intentada a notificación persoal en dúas ocasións, emprázase á interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia. Así mesmo, a eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE).

O acto foi adoptado polo xefe territorial.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería do Medio Rural, sita na rolda da Muralla, nº 70.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Lugo, 15 de setembro de 2016

José Ramón Losada Fernández
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: MON-LU-90/2016-ASV.

Interesada: Maderas García de Presedo, S.L.

Acto notificado: acordo de incoación.