Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Venres, 30 de setembro de 2016 Páx. 45305

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 12 de setembro de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican as resolucións ditadas nos procedementos tramitados por esta xefatura (expediente 2013/143/27 e un máis).

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas interesadas que se indican a continuación as resolucións ditadas polo xefe territorial nos expedientes administrativos instruídos conforme o disposto na Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia, despois dos intentos de notificación realizados sen que fose posible practicar as ditas notificacións por descoñecer o domicilio dos interesados.

As persoas interesadas poderán interpor recurso ás resolucións ditadas nos expedientes, definitivas en vía administrativa, no Xulgado de Primeira Instancia de Lugo, que por quenda lles corresponda, no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, sen necesidade de reclamación administrativa previa, de conformidade co artigo 780.1 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

Os expedientes atópanse á disposición das persoas interesadas no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Política Social, rolda da Muralla, 70, planta baixa, onde, no prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, poderán comparecer para efectos do coñecemento do contido íntegro das resolucións, de luns a venres laborables, das 9.00 ás 14.00 horas, advertíndoas de que, de non facelo, se terán por notificadas.

Lugo, 12 de setembro de 2016

Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Interesado/a

Núm. expediente

Asunto

Data de resolución

Diouma Sarr

2013/143/27

Cesamento de medida e arquivamento

31.8.2016

Luis Felipe Guedes Pinto

2014/198/27

Cesamento de medida e arquivamento

31.8.2016