Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Venres, 30 de setembro de 2016 Páx. 45284

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 16 de setembro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación IN407A 2015/610-1, no concello de Ferrol.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación ou o medio a que se refire o punto 1 deste artigo, ou ben, intentada a notificación, non se puidese practicar...», mediante este anuncio convócanse todas as persoas interesadas no acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMT, CT e RBT San Cristovo II, no concello de Ferrol (expediente IN407A 2015/610-1), acto que terá lugar sobre o terreo segundo o calendario e os datos que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados por si ou representadas por persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

A Coruña, 16 de setembro de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2015/610-1.

Entidade beneficiaria: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación da instalación: LMT, CT e RBT San Cristovo II.

Concello: Ferrol.

Predio

Lugar

Titular proposto/a

Data

Hora

1

A Roza

Descoñecido/a

27.10.2016

11.00

2

A Roza

Descoñecido/a

27.10.2016

11.00

3

A Roza

Descoñecido/a

27.10.2016

11.00

4

A Roza

Descoñecido/a

27.10.2016

11.00

5

A Roza

Descoñecido/a

27.10.2016

11.00