Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Venres, 30 de setembro de 2016 Páx. 45286

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 19 de setembro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, de requirimento de documentación do expediente IN BT 2016/24 e un máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, as notificacións que non poidan practicarse faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), quedando supeditadas á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Polo anterior e logo de tentada a notificación persoal no último domicilio coñecido ás interesadas que se sinalan no anexo, a continuación publícase o presente anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Sen prexuízo do anterior e en virtude do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, infórmanse as interesadas de que os expedientes se atopan á súa disposición, para coñecer o contido íntegro do acto, nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Coruña, Edificio Administrativo Monelos, 1º andar (Servizo de Administración Industrial), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A Coruña, 19 de setembro de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN BT 2016/24.

Interesada: Preinsta, S.L.

CIF: B15804941.

Acto de notificación: requirimento de documentación.

Concello: A Coruña.

Expediente: SAI IN 177/2016.

Interesada: Chabriletex, S.L.

CIF: B15822091.

Acto de notificación: requirimento de documentación.

Concello: Carballo.