Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Xoves, 29 de setembro de 2016 Páx. 44749

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (211/2015).

María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 211/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Guadalupe Fuentes Porto contra Toner 10, S.L., Alberto Madroño Hernández, (Fogasa) Fondo de Garantía Salarial, se ditou a seguinte resolución:

«Decreto: 360/2016

Execución de títulos xudiciais 211/2015

Procedemento de orixe: execución parcial 211/2015

Sobre: despedimento

Demandante: Guadalupe Fuentes Porto

Avogado: Carlos Alberto Castro Álvarez

Demandados: Toner 10, S.L., Alberto Madroño Hernández, (Fogasa) Fondo de Garantía Salarial

Avogada: Carolina Fernández García, Carolina Fernández García, Fogasa

Decreto.

Letrada da Administración de xustiza María Teresa Vázquez Abades.

En Santiago de Compostela o vinte e dous de xullo de dous mil dezaseis.

Antecedentes de feito.

Primeiro. Guadalupe Fuentes Porto presentou demanda de execución fronte a Toner 10, S.L., Alberto Madroño Hernández, Fogasa.

Segundo. Ditouse auto despachando execución o 21.9.2015 por un total de 24.868,50 euros de principal (3.962,10 euros en concepto de indemnización, máis 20.906,40 euros de salarios de tramitación), máis 2.400 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros; por auto do 3.3.2016 tense por ampliada a execución por importe de 30.506,62 euros en concepto de principal (4.838,62 euros en concepto de indemnización e 25.668 euros en concepto de salarios de tramitación), máis outros 3.050,66 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Terceiro. Das actuacións practicadas obtívose a cantidade de 2,11 euros, téndose reducido o principal reclamado á suma de 30.504,51 euros de principal e 3.050,66 euros en concepto de xuros e custas.

Cuarto. Déuselle audiencia ao Fondo de Garantía Salarial e a Guadalupe Fuentes Porto tras o resultado negativo do resto de pescudas realizadas.

Fundamentos de dereito.

Único. Dispoñen os artigos 250 e 276 da LXS que de non se ter coñecemento da existencia de bens suficientes do executado nos cales facer traba e embargo, practicaranse as pescudas procedentes e de seren infrutuosas, total ou parcialmente, o/a letrado/a da Administración de xustiza da execución ditará decreto de insolvencia tras oír o Fondo de Garantía Salarial e a parte demandante.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva.

Acordo:

a) Declarar os executados Toner 10, S.L., Alberto Madroño Hernández en situación de insolvencia parcial por importe de 30.504,51 euros de principal e 3.050,66 euros en concepto de xuros e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución, se no sucesivo se coñecen novos bens do executado.

c) Unha vez firme a presente resolución, procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

Notifíqueselles ás partes e fágaselles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia perante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean sendo utilizados como instrumentos de comunicación co Tribunal.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que se deberá interpoñer perante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente, artigo 188 da LXS. O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta nº 0049 3569 9200 0500 1274 no Banco Santander, S.A. e deberá indicar no campo concepto, “recurso” seguida do código “31 social-revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo coa indicación “recurso” seguida do “31 social-revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza”. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, incluso se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A letrada da Administración de xustiza».

E Para que sirva para efectos de publicidade a declaración de insolvencia de Alberto Madroño Hernández, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de setembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza